top of page

CMCCT competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

Figuras musicais, compases, notas, intervalos, acordes, círculo de quintas,  construcción de instrumentos, todo isto está relacionado coa música e segue patróns universais das matemáticas.

 

O son e a acústica son elementos que estudia a física e son tamén os fundamentos da música.

 

As partes do noso aparello fonador e respiratorio así como as partes do noso oídos son aspectos da ciencia que tamén traballamos en música.

CCL, competencia en comunicación lingüística

Que é a música senon unha linguaxe. A música permite comunicarnos sen utilizar a palabra pero tamén podemos facelo con ela. A música instrumental é unha linguaxe que transmite sentimentos, pero a música vocal engade texto e completa así unha linguaxe universal.

 

O songwriting é unha técnica que nos ensina a escribir cancións. O rap e o hip hop son ferramentas para compoñer poesía con acompañamento rítmico. Acércate á música e te acercarás tamén a unha arte literaria.

 

O mellor de todo é que podes facelo en calquera lingua, ou sexa que podes aprender tamén inglés, francés, chino, portugués, etc...

CD competencia dixital

Na clase de música podemos utilizar moitos programas informáticos que nos axudarán a editar partituras, crear composicións musicais, adaptar música a unha imaxe, etc...

 

Ademáis coñeceremos aplicacións que nos permitan crear un rap, ou aprenderemos a facer esquemas, resumos, liñas da historia, mapas conceptuais... online para compartir con todos os compañeiros/as e profesores/as que o precisen.

 

Podemos mostrar os nosos traballos online a través de prezi ou aprendendo a facer un blog ou unha páxina web.

 

Aprendemos tamén a utilizar as redes sociais de forma responsable. As plataformas como e-twining nos permiten coñecer xente de outros paises.

 

 

CAA competencia en

aprender a aprender

A música é unha arte creativa, polo tanto na clase de música terás que crear por ti mesmo. A improvisación musical, a creación de composicións, a búsqueda de información para facer un traballo, a aprendizaxe de novas tecnoloxías son todos aspectos que nos ensinan a aprender por nós mesmos.

 

Se les un pouco máis sobre as intelixencias múltiples verás que cada quen debe aprender a súa propia maneira de aprender. Non todos somos iguais e os nosos intereses son distintos. Por iso a materia de música, coa súa flexibilidade e amplitude permite a cada quen escoller o seu propio camiño de aprendizaxe.

CSC competencias sociais e cívicas

Que sabes do folclore e da música doutros países? Vivimos nun mundo globalizado pero cada pequena rexión mantén ainda as súas raíces a través da súa arte. Cando escoitamos a música de outros lugares estamos descubrindo novas paisaxes sonoras, ao mesmo tempo que aprendemos xeografía e tolerancia.

 

Ocorre exactamente o mesmo cando bailamos danzas do mundo, e ademáis movemos un pouco o corpo.

 

E se coñecemos xente de outros países a través da plataforma e-twining e aprendemos algo máis dos nosos veciños?

CSIEE competencia no sentido da iniciativa e o espírito emprendedor

Queres estudiar música en inglés ou en galego? ti decides. Tes as dúas opcións para facelo. 

Apúntaste a crear un programa de radio? escolle ti tema, busca os teus invitades, diseña o programa, ponlle a música...

Queres participar nunha obra de teatro?... axúdanos a creala, diseña o decorado, aporta as túas ideas para a música...

 

Tes moitas opcións para mostrar as túas habilidades e sacar o mellor de ti... so tes que propoñelo!

 

 

CCEC competencia en conciencia e expresión culturais

Jazz, pop, historia, Beethoven, sinfonía, instrumentos, música e pintura, danza, Mozart, guitarra, corchea, arte, compositores, países, estilos, movemento, hip hop, literatura, cine, música e imaxe, frauta, folclore, son, ópera.

bottom of page